Business Factory Aero – BFAero é unha aceleradora de carácter vertical xurdida no contexto do programa Civil UAVs Initiative, da Xunta de Galicia, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector aeroespacial . Está aberta a todas as institucións e empresas con interese en consolidar neste ámbito un ecosistema de innovación aberta.

Bases da convocatoria

Icono automatización
Plataformas

Plataformas e os seus compoñentes: estruturas, enerxía, propulsión, sistemas, navegación, pilotaxe.

Icono cargas de pago y sistemas
UAS

Aplicacións dos vehículos aéreos non tripulados para mercados concretos.

Icono fabricación
Equipos e sistemas

Equipos e sistemas: tanto embarcados como en terra.

QUE OFRECEMOS

INCUBACIÓN

Programa de apoio de 12 meses para proxectos, empresas sen constituír ou de recente creación (sen historial de actividade comparable) que se atopen nun estado intermedio entre a ideación e a validación do modelo de negocio.

ACELERACIÓN

Programa de apoio de 8 meses para proxectos que dispoñan dun produto mínimo viable ( MVP) ou empresas que realizasen vendas iniciais e contan con capacidade de crecemento, pero que necesitan sistematizar o seu modelo de negocio, conseguir vendas recorrentes e/ou penetrar en novos mercados.

CONSOLIDACIÓN

Programa de apoio de 6 meses para empresas cunha antigüidade máxima de ata 7 anos, sede social ou centro de traballo en Galicia, produto ou servizo definido, vendas reais, modelo de negocio estruturado e alta capacidade de crecemento ou posibilidade de escalado.

CALENDARIO DO PROGRAMA

Calendario do programa

INSTALACIÓNS

FUNDACIÓN CEL INICIATIVAS POR LUGO

Lugo


43°00'12.2"N 7°34'06.4"W


Oficinas, salas de reunións, coworking.

AERÓDROMO DE ROZAS

Lugo


43°07'04.7"N 7°27'55.5"W


Instalacións do aeródromo.

POR QUE BFAero

Co horizonte de ser a aceleradora de referencia no eido aeroespacial e os vehículos non tripulados, BFAero conta co respaldo da Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative. Proporciona aos proxectos participantes o seguinte:

Salida Comercial
Saída Comercial

Entrada na cadea de valor do sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados.

Tutorización
Titorización

Titores especializados e apoio permanente.

Formación
Formación avanzada

Programa de formación avanzada adaptado al grado de madurez de los proyectos.

Instalaciones y medios
Instalacións e medios

Equipamentos e medios técnicos da Civil UAVs Initiative e instalacións do Aeródromo de Rozas.

Formación de pilotos
Horas de voo e licenzas

Horas de voo e licenzas para pilotos de UAVs.

Espacio
Espazo

Oficina propia, salas de reunións e coworking no viveiro de empresas da Fundación CEl Iniciativas por Lugo.

Financiación
Financiamento

Ata 40.000 € a fondo perdido en incubación, 60.000 € en aceleración e 30.000 € en consolidación, así como a posibilidade de acceso a capital risco en aceleración (ata 50.000 €) e consolidación (ata 250.000 €).

Ciclo Completo
Ciclo Completo

A través das súas tres modalidades, BFAero ten capacidade para apoiar calquera proxecto de emprendemento desde as fases máis iniciais, de ideación, ata as máis maduras, onde se trata de consolidar un modelo de negocio que produza ventas recorrentes.

Networking
Networking

Establecemento e consolidación de relacións con todos os axentes do ecosistema.

Tutorización
Mentorización

Mentores expertos a nivel sectorial.

IMPACTO

BFAero é un proxecto colaborativo que responde á vontade da Xunta de Galicia de potenciar un sector con alto potencial, o aeroespacial e dos vehículos non tripulados. Os impactos esperados son os seguintes:


Mapa Galicia

Tés algunha pregunta?
Podemos axudarte.


Contáctanos
Chat para consultas BFAero







Chat para consultas BFAero