Para proxectos emprendedores do sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados en Galicia que necesiten validar o seu modelo de negocio; proxectos en fase seed ou semente (proxectos que se atopen nunha etapa inicial, que estean a desenvolver ou desenvolvesen un produto ou servizo mínimo viable e esbozado o modelo de negocio).
Para pemes do sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados en Galicia que necesiten sistematizar e consolidar o seu modelo de negocio, proxectos en early stage ou fase temperá (proxectos ou empresas cun produto ou servizo definido e/ou primeiras vendas, modelo de negocio estruturado e escalado incipiente).
Para empresas cun produto ou servizo definido, realizando vendas, modelo de negocio estruturado e posibilidade de escalado.
Plataformas
VANTs
Equipos e sistemas
BFAero forma parte da Civil UAVs Initiative, promovido pola Xunta de Galicia para fomentar o emprego de sistemas aéreos non tripulados no eido civil e para a mellora dos servizos públicos.